Thursday, June 16, 2005

Nunca Máis

"Este ano en Galicia houbo unha catástrofe pola culpa do petroleiro Prestige. Co seu chapapote está facendo que morran os nosos peixes, aves e nós tamén. As nosas rías e praias están contaminadas e o mar destrozado. Esta desgracia ocurriu no mes de novembro de 2002. Xa levamos sete: Policommander, Andros Patria, Erkowit, Urquiola, Cason e Mar Egeo ... e agora o Prestige. ¡Cantos máis vendrán despois!. Cada ano, cada dous anos, cada tres... O Prestige chegou ás nosas praias e as pintou de negro, chegou a Muxía, Fisterra, as Illas Cies e moitas máis. Os voluntarios e os mariñeiros galegos fixeron o posible para limpar a pesares de que apenas tiñan medios... en moitos casos fixerono coas mans.

¡Ogallá que NUNCA MÁIS ocorra!"


Alumnos de 4º B, San Francisco Xabier


Nunca é demais recordar:
Prestige 13 de noviembre de 2002

No comments: